Galicia

Xa non poderás ir de farol co título universitario

Duvi/ Fividoc é una ferramenta con orixe en Vigo pero cunha proxección moi ampla. Tras catro anos de investigación e traballo na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación naceu en 2008 BitOceans, unha spin-off da Universidade de Vigo que ten como finalidade e explotación deste software, elixido agora para certificar a autenticidade dos títulos e certificacións universitarias.

Da man de Universia e da Confederación de Rectores de Universidades de España, Fividoc dotará ás institucións dunha plataforma que proporcione seguridade aos expedientes universitarios, de xeito que se poida verificar cun simple escaneo do documento se o seu contido ten sido manipulado.

Esta ferramenta, que xa ten sido empregada noutros sectores e recabado premios como o Fujitsu It Future 2011 como mellor aplicación Cloud Innovation do ano, foi presentada este mes no Universitary forum Summit celebrado en Valencia.

Contra os fraudes

As redes e mafias de venda de títulos universitarios falsos atoparán en Fividoc unha dura oposición, xa que o sistema de avaliación é sinxelo e rápido e estará ao servizo da CRUE, das universidades e de terceiras entidades públicas e privadas e, por extensión, da sociedade española en xeral, destinado a detectar a falsificación dos documentos universitarios, evitando así os danos derivados de potenciais fraudes. Ponse ao servizo de todas elas un servizo central de cotexo electrónico dos documentos impresos, en especial das copias auténticas en papel expedidos pola CRUE e as universidades.

También te puede interesar