Galicia

Un detido polo incendio de A Cañiza

Foi o presunto causante do primeiro dos tres incendios que arrasaron a localidade pontevedresa de A Cañiza esta fin de semana, e que acabaron calcinando 320 hectáreas de zona forestal. A Policía detivo hoxe a un home por causar o foco producido na parroquia de Valeixe, que afectou a 21 hectáreas de masa forestal arborada. Agora se investiga se o home ten algo que ver cos outros dous focos.

Máis detidos

Doutra banda, a Policía Autonómica de detivo a un veciño de Vilalba coma presunto autor dun incendio forestal, que aconteceu este pasado domingo, 26 de xuño no lugar de Areosa, parroquia de San Pedro de Pígara e afectou a unha superficie de 1.500 metros cadrados de monte raso. E en Santiago acaban de imputar a outro home como presunto autor dun delito de incendio forestal ocorrido no lugar de San Xulián de Laiño, concello de Dodro (A Coruña), que calcinou outros 1.500 metros cadrados de monte polo lanzamento de foguetes pirotécnicos.

También te puede interesar