Deportes Destacados

Maruxa Barros volta para casa con ouro tras pasar polo barranco de Patones

Cambios de última hora non permitiron que o VI Torneo Autonómico TPV Federación Madrileña fora puntuable para o ranking nacional, pero a pesar de todo os espeleólogos galegos acudiron á cita coa mellor actitude e moitas gañas de volver para casa cunha medalla colgada do pescozo. E así foi.

As probas, celebradas entre o 24 e o 26 de xuño en Madrid, foron de Circuito Técnico e o sinfin de 30 metros, unha proba de velocidade no barranco de Patones de Abaixo no que Maruxa Barros conseguiu alzarse ata os primeiros postos e facerse con sendas medallas de ouro.

Este torneo seviulle a Barros como traballo previo a un novo reto, o 1º Campeonato de Europa que se celebrará en setembro na cidade de Marbella, cunha participación limitada a 10 participantes por cada categoría, modalidad e país participante, e se seleccionarán  polas mellores marcas nacionales que acrediten os deportistas.

También te puede interesar