RGPD - Cookies
Comarcas Galicia

Os bombeiros de O Porriño e O Salnés colgan as mangueiras

Non estarán operativos ata que non readmitan aos dous compañeiros despedidos, que están en folga de fame dende o venres. Os bombeiros dos parques de O Porriño e O Salnés iniciarán en 10 días unha folga indefinida para esixir a readmisión deste dous traballadores días antes de que rematara o período de proba e en espera a que tanto a empresa concesionaria, Celta Prix, como a administración pública teñan a ben dialogar sobre a situación.

Piden que a empresa argumente os motivos que levaron a rescindir o contrato de Iago Carregal e Julio Gonzalo, xa que alegaron que o perfil non se adapta ás necesidades da compañía sen presentar os informes técnicos debidos. A empresa xa tivo que acudir aos xulgados nos últimos tempos, onde se declararon nulos dous despedimentos e dous improcedentes, ademais de dúas denuncias por acoso laboral.

También te puede interesar