RGPD - Cookies
Galicia Sucesos

As estradas galegas deixan un morto e 119 feridos

Un falecido no mesmo lugar do sinistro e 119 feridos en 91 accidentes de tráfico. Ese é o balance das estradas galegas esta fin de semana, na que Urxencias Sanitarias de Galicia-061 tivo que asistir preto de dous accidentes por hora. O día con maior siniestralidade foi o venres, con 32 accidentes.

Por provincias, Pontevedra volveu ser a que máis incidentes rexistrou, con 42 sinistros, algo máis do 46% dos accidentes. Seguiulle A Coruña (32 sinistros), Lugo (11) e Ournse (7). De novo a maior parte dos atendidos, un 67%, foron homes, e un 54% tiña entre 20 e 39 anos.

También te puede interesar