Galicia Vigo al día

A depuradora de Vigo mira con medo cara Lugo

Está demasiado preto das casas, por iso o Tribunal Supremo ven de declarar ilegal a EDAR de Lugo, seguindo a xurisprudencia que sentou a ilegalización da depuradora asturiana do río Gafo en 2007 por non respectar os límites legais de distancia de 2 quilómetros dos núcleos de poboación. Por iso, o grupo municipal de Esquerda Unida recorda que no caso de Vigo a presenza de casas dentro do límite dos 2 quilómetros non se respecta.

Esquerda Unida confía en que os procesos xudiciais abertos polos veciños e organizacións ecoloxistas fructifiquen e declaren ilegal a actual depuradora do Lagares e paralicen o proxecto de ampliación, electrificación e construción dun novo emisario submarino.

También te puede interesar