Comarcas Galicia

Verán de deporte e diversión para nenos e maiores en As Neves

Seica queres pasar un verán distinto co bo tempo garantido? O teu lugar é a capital do Sol do Condado: As Neves. O seu Concello ven de poñer en marcha un programa de actividades para nenos e personas maiores. Os rapaces de 4 a 10 anos, disfrutarán os martes xoves e venres, nas instalacións deportivas de A Caiña, deportes e xogos tradicionais, dende as 10 ás 11 e media da mañán e poderán anotarse a un curso de natación que impartirase de 12 a 1 e media. Os luns e mércores, de 10 a 1 e media ininterrumpidamente, levarase a cabo un completo programa deportivo no Centro Social.

Para adultos, xubilados e pensionistas, no mesmo centro deportivo e de 12 a 1 e media, monitores especializados ensinanránlles a realizar diferentes exercicios de mantemento e relaxación, ademáis de impartirse, tamén un curso de natación, todo elo os luns e mércores.

A inscripción para as diferentes actividades, que empezan o 11 de xullo e rematan o 31 de agosto, poderá formalizarse de o 4 ao 8 de xullo (de 10 a 14 h.) no Centro Social; o prezo das mesmas é de 25 € para nenos e 15 € para adultos. Ao mesmo tempo, aqueles que queran sobrelevar o calor que chega este fin de semán dende o vindeiro venres, día 1 de xullo, estarán abertas as piscinas municipais.


 

También te puede interesar