Vigo al minuto

A UVigo prevé saír dos números vermellos no 2012

Duvi/ A pesar da situación de crise económica e, en boa medida, grazas ao Plan de Sustentabilidade, a Universidade de Vigo atópase nunha situación moi próxima ao equilibrio entre ingresos e gastos e a previsión é acadar unha situación en positivo no 2012, grazas á captación de recursos e á conxelación do orzamento da Xunta de Galicia. O plan de austeridade tivo o seu primeiro axuste no orzamento de 2011 e permitiu conter e recortar o gasto en 20 millóns de euros e reducir o seu déficit técnico contable a 5 millóns de euros. Cos axustes que quedan por facer, “esperamos estar en positivo en 2012 e sobre todo en 2013”, explicaba Salustiano Mato, reitor.

Aínda máis importante que a austeridade é a captación de recursos propios nun escenario onde as achegas da administración autonómica representan só o 65% do orzamento total. Europa é un caladoiro prioritario para a Universidade na busca e financiamento, de igual xeito que o son os proxectos e contratos de investigación e a colaboración coas empresas e organismos da contorna na procura conxunta de sinerxías e recursos. Un dos principais motores na captación de recursos cos que conta a Universidade de Vigo é o Campus do Mar, que xunto co Plan de Sustentabilidade, foron os dous elementos máis significativos deste curso que remata, segundo indicou o reitor, que captou 9 millóns de euros e a previsión é moi positiva. Salustiano Mato falou dunhas expectativas de arredor de 10 millóns máis “se se concretan as necesidades, sobre todo de infraestruturas”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.