¡Que se curren tu voto! Galicia

O TSXG dá a alcaldía de Santiago a Conde Roa

Gerardo Conde Roa.
Gerardo Conde Roa.

Rexeitou os recursos interpostos tanto por PSOE como por BNG contra o escrutinio das eleccións municipais, polo que Gerardo Conde Roa, o candidato popular para a Santiago de Compostela, exercerá de alcalde dende o vindeiro 1 de xullo, 20 días despois que na maioría dos concellos galegos. Deste xeito Bugallo perde o posto tras 13 anos ao fronte da alcaldía compostelana.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia admite que a constitución dunha mesa electoral no colexio La Salle foi defectuosa, pero, escudándose na boa fe, non considera que que unha vogal que nin estaba convocada nin formaba parte do censo da zona sexa motivo para impugnar as eleccións. O Tribunal non atopou evidencias de fraude que puideran suxerir a repetición das eleccións nesa mesa.

También te puede interesar