RGPD - Cookies
Deportes

O balonmán vaise á praia

Será o primeiro Campionato Galego de Balonmán Praia. Celebrarase o vindeiro 25 de xuño en Vilanova de Arousa con seis probas tanto en categoría masculina como feminina con competicións que se disputarán ademais de na localidade arousana en Bueu, Nigrán, Sanxenxo, A Garda e Vigo ao longo de xuño e xullo.

Os equipos deben estar compostos por un mínimo de seis xogadores e un máximo de 12 nados antes do 1 de xuño do 93, é dicir, ser maiores de idade. O gañador representará a Galicia na fase final do Campionato de España. Ademais, os tres primeiros clasificados disputarán o II Torneo Ibérico que se celebrará en Portugal. Gañarán os tres mellores resultados dos seis torneos do campionato.

 

 

También te puede interesar