Destacados Vigo al minuto

A refundada Industriais xa ten director de orquesta

O catedrático Juan Pou.
O catedrático Juan Pou.

Duvi/ Leva máis de 30 anos na Universidade de Vigo e contará cun equipo “con xente con experiencia en postos directivos e moi traballadora”. O catedrático Juan Pou Saracho é dende este mércores o primeiro director da unificada Escola de Enxeñería Industrial, resultado dun complexo proceso de fusión entre a Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais e a Escola Universitaria de Enxeñería Industrial. Era a única candidatura que concorría ás eleccións para liderar este novo proxecto e suceder así aos dous predecesores no cargo, Luis González Piñeiro e Carlos Vivas. Pou recolle así o testemuño co respaldo de case o 81% dos 210 votantes, con 170 papeletas a favor, 24 en contra, 15 en branco e unha nula.

Para afrontar este novo reto, Pou contará cun equipo de goberno renovado e cunha estrutura adaptada á peculiaridade de ter dous sedes, unha no campus universitario e outra na cidade. Por iso, as áreas de Organización Docente, Infraestruturas e Alumnado terán un subdirector para cada centro: mentres que no campus os representantes destas áreas serán Ana Mejía, Juan Pardo Forján e Fernando Cerdeira, respectivamente, na cidade os responsables serán María Fenrández, Carlos Vivas e Francisco Rodríguez. Pola súa banda, Celso Fernández estará ao fronte de Planificación, Jaime S. Atienza de Calidade, Elena Martín de Relacións Exteriores e Elena Albo de Posgrao e Doutorado. Óscar López será o Secretario da nova Escola de Enxeñería Industrial. Todos teñen un gran reto por diante.

También te puede interesar