Vigo al minuto

Empezan en Vigo os actos do Día do Orgullo Gai

A Asociación Nós Mesmas ten preparados diferentes actividades para o festexamento do Orgullo lésbico, gai, transexual e bisexual (LGTB) en Vigo. Desde o día 20 ata o 28 de xuño terán lugar propostas de carácter cultural e lúdico, “sempre cun trasfondo reivindicativo”.

O lema do Orgullo LGTB deste ano é “Nin un paso atrás!” e fai referencia á postura reivindicativa adoptada polo colectivo en relación á igualdade conseguida ata agora en materia lexislativa e en defensa dunha sociedade máis xusta e igualitaria. Segundo Xiana Pérez, presidenta da entidade, “a igualdade legal foi o primeiro paso para traballar a igualdade real na sociedade e unha involución nas leis que agora nos recoñecen esta igualdade implicaría un retroceso na democracia e unha profundización na discriminación que aínda hoxe en día sufrimos, por isto non daremos nin un paso atrás.”

Este ano, o día 28, izarase a bandeira do arco da vella, representante do colectivo LGTB, no Concello de Vigo, que dará paso ás actividades seguintes:

Do 20 ao 24 de xuño: Exposición fotografías concurso “A miña visión do Orgullo” (Casa da Muller (R/Romil, 20)

Sábado, 25 de xuño: Festa Stonewall do Orgullo (00:00 h. no Pub, “La fiesta de los Maniquíes” R/Rogelio Abalde,11)

Domingo, 26 de xuño: Actividades para cativos, exposición fotográfica e mesa informativa (18.30 h. na Praza da Constitución).

Martes, 28 de xuño: Manifestación “Nin un paso atrás!”, coa lectura de manifesto e entrega premios (18.30h desde a farola de Urzaiz), e Documental “Homobabyboom”+ debate (20h. no Centro Cívico Casco Vello, R/ Oliva, 12).


 

También te puede interesar