Galicia

Bolsas para universitarios en situacións familiares precarias

O curso pasado xa se concederon 34 bolsas deste tipo, pensadas para axudar ao alumnado universitario con dificultades económicas ocasionadas por causas imprevistas como o falecemento dun proxenitor ou o desemprego do sustentador principal da familia. Os interesados xa poden solicitalas para este novo curso: o prazo de presentación da solicitude estará aberto ata o 30 de setembro, aínda que se irán avaliando a medida que cheguen.

As bolsas, de entre 1.250 e 2.500 euros, daranse a todos os que estean matriculados nun mínimo de 50 créditos presenciais dalgún grao, licenciatura, enxeñaría, arquitectura, diplomatura ou mestrado. Os requisitos para pedilas: estar nunha situación económica precaria por unha emerxencia imprevista, como a orfandade absoluta, o falecemento dun dos proxenitores ou titores legais, desemprego do sustentador principal, enfermidade grave, violencia de xénero, vítimas de actos terroristas, ruína ou quebra familiar, entre outros.

También te puede interesar