Deportes Vigo al día

O alevín feminino do Seis do Nadal, campión provincial da tempada

O Alevín Feminino “A”, Seis do Nadal Celso Emilio Ferreiro, do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia, adestrado por Aalí Mohamed e Silvia Caíño, proclamouse campión provincial de categoría alevín feminina da tempada 2010/2011. A final provincial enfrontou ao Seis do Nadal Celso Emilio Ferreiro, primeiro clasificado da Liga Zonal da Delegación de Vigo, e ao Cortegada, primeiro clasificado da Liga Zonal da Delegación de Arousa. O partido rematou cun 44-50 a favor do equipo do Seis do Nadal proclamándose campión provincial da tempada 2010/2011.

O club, mellor equipo da tempada

A Delegación Viguesa de Baloncesto emitiu esta semana a Clasificación de Clubs da DVB por puntos da tempada 2010/11. Nesta clasificación de fin de tempada tense en conta os equipos participantes de cada club e, por suposto, os resultados deportivos. Na presente tempada 2010/11 xa finalizada, o Mellor Club de Vigo e Comarca, é dicir, o primeiro clasificado na Clasificación de Clubs da Delegación Viguesa de Baloncesto foi o Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia.

Deste xeito, o Club Baloncesto Seis do Nadal consegue por décimo ano consecutivo este título outorgado pola Delegación Viguesa de Baloncesto. O noso club acadou este galardón nos cursos 2001/02, 2002/03, 2003/04, 2004/05, 2005/06, 2006/07, 2007/08, 2008/09, 2009/10 e, agora, 2010/11.

También te puede interesar