Galicia

O ordenador será o que escolla o horario escolar do teu fillo

Chámase Xade e con el deseñaranse os horarios escolares. Trátase dunha ferramenta de software libre FET que combina as horas de clase e a información sobre as materias para conformar o horario final facilitando o traballo aos equipos directivos, aforrando tempo ao persoal de colexios e institutos.

Os formatos de intercambio de datos de horarios son públicos, de xeito que calquera ferramenta comercial poderá adaptarse aos mesmos e utilizar dita funcionalidade. Trátase ademais dun programa desenvolvido en linguaxe Java, o que permite que poida instalarse e funcionar correctamente en calquera sistema operativo, grazas ao seu soporte multiplataforma.

O resultado é o acceso do usuario a unha interface doada e intuitiva, apoiada por documentación de apoio, polo que non se requiren coñecementos avanzados de informática para o seu uso. O programa estará dispoñible nos próximos días para a súa descarga desde a web do XADE, con instrucións de inicio concretas para os Sistemas Operativos máis empregados.

También te puede interesar