Deportes

Galicia tumba a Cataluña no IV Naciones

Espectacular actuación da selección galega de balonmán feminina no Torneo IV Naciones celebrado en Euskadi coa participación de Galicia, País Vasco e Cataluña. O combinado galego logrou a vitoria definitiva na segunda xornada, tras gañar a Cataluña (26-32), logrando proclamarse vencedora sen ter que esperar ao que acontecerá na última xornada do torneo.

Fronte a Cataluña, Galicia foi capaz de imponer a súa defensa, mentres que en ataque non fallaba, de forma que foi controlando o partido dende o primeiro momento. Só as rotacións impostas polo adestrador Abel Estévez para dar minutos a todas as xogadoras provocaron que se axustase o marcador ao remate da primeira parte (16-18).  Na segunda parte, Galicia volveu saír con seguridade en defensa e de novo abriu unha diferenza no marcador de 5 goles que foi dosificando ata o final do partido.

Así, Galicia logrou un triunfo máis que merecido e a felicitación de todos polo enorme cambio realizado no último ano. Sen dúbida, un bo momento para o balonmán feminino galego. Hai que recordar que hai só unha semana, o Balonmán Porriño acadou o ascenso á máxima categoría do balonmán feminino estatal.

También te puede interesar