Cultura Galicia

O Día das Letras Galegas ten novo dono: Paz Andrade

Xurista, político galeguista, empresario, ensaista e poeta. É Valentín Paz Andrade, o escritor pontevedrés que ao que Galicia lle dedicara o vindeiro Día das Letras Galegas, no ano 2012. Entre máis de 20 nomes e tras unha sesión plenaria de máis de tres horas, aReal Academia Galega acordou por maioría homenaxear a este autor pola súa importancia no mundo do xornalismo, da literatura, a súa capacidade empresarial pero, sobre todo, polo seu compromiso con Galicia, do que era férreo defensor.

Membro da Real Academia Galega dende o ano 1964 e da Academia Galega das Ciencias, no seu haber figuran premios como o Pedrón de Ouro (1975), a Medalla da Cidade de Pontevedra (1979), a Medalla Castelao (1984), a Medalla de Ouro da Cidade de Vigo, onde morreu (1986) ou o Premio Trasalba da Fundación Otero Pedrayo (1986).

También te puede interesar