Cultura Galicia

A Galicia preindustrial reaparece ao ritmo do Fiadeiro

Trece escenas de ‘Oficios e labores’ nos que se debullan pezas de música e baile tomando como fío argumental os cantos propios dos oficios tradicionais exercidos en Galicia ata ben entrado o século XX. Unha escena, un oficio, un canto seguido de músicas e bailes procedentes da mesma área xeográfica na que eses cantos foron recollidos. Será o fío conductor da sétima edición da Gala Esta noite hai unha fía que se celebrará esta noite no Centro Cultural Novacaixagalicia.

Cincuenta artistas dirixidos nun espectáculo ideado por Miguel Souto porán enriba do escenario a unha ampla variedade de ritmos e xeitos de bailar e tocar diferentes que se reflectirán incluso no vestiario. O espectáculo está baseado no traballo de campo desenvolvido por todas as bisbarras galegas desde 1996. Unha “homenaxe ás persoas que recibiron e fixeron chegar ata nós ese universo de saberes que integran o noso patrimonio inmaterial, aos homes e mulleres que mantiveron vivo ese caudal de coñecementos que pasou dunha xeración a outra por medio da transmisión oral”.

También te puede interesar