RGPD - Cookies
Comarcas

Suspendida a folga de fame do Grumir de Redondela ata novo goberno

Esperaban que o novo goberno que se irá a constituír o vindeiro 11 de xuño lles dera unha solución ás súas reclamacións: máis persoal para poder manter o servizo de Grumir en Redondela 24 horas ao día 365 días ao ano, xa que nestes intres só hai tres persoas en quenda de mañá e tarde que só traballan pola semana.

Onte, membros da Agrupación de Electores de Redondela, que ten o concelleiro clave para a formación do novo Goberno municipal, acudiron ata as portas do Concello onde mantiñan a folga de fame os 6 ex traballadores do Grumir para explicarlles que estaban a favor de manter este servixo en Redondela, polo que os ex empregados abandoaron a folga tras 11 días de protesta e xa puideron durmir nas súas casas.

También te puede interesar