¡Que se curren tu voto!

O BNG mantén a Domínguez ao fronte do partido en Vigo

Quedará ao fronte do partido na Corporación municipal xunto con Iolanda Veloso e Xabier Alonso. Tras máis de tres horas de reunión, o Consello Local do BNG manterá a Santi Domínguez no seu cargo a pesar da perda de dous concelleiros e de máis de 12.000 votos con respecto ás últimas eleccións municipais, sen embargo, unha das condicións podería ser non pactar co PSOE de Caballero para revalidar o bipartito que viña gobernando en Vigo.

Aínda que deixar pasar a posibilidade de manter algunha cuota de poder na Corporación municipal parecía case imposible e se cría que Domínguez pactaría con Caballero, agora parece que os derroteiros van por outro lado: a lectura das eleccións é que os cidadáns non queren pacto, polo que poderían só apoiar ao PSOE na investidura e chegar a acordos puntuais para sacar adiante un goberno en minoría. De todos os xeitos, a última palaba a ten o Consello Nacional, que se reunirá este sábado para decidir o futuro das cidades nas que o BNG ten algo que dicir.

También te puede interesar