Comarcas Galicia

Garzón e Brasil dan o pistoletazo de saída ao agroglamour

O Festival de Cans cumpre 8 anos con dous días cunha morea de actividades ao longo de toda a xornada para públicos de gustos diversos. Hoxe Jorge Coira estreará ’19 comidas’, a súa versión do film ’18 comidas’ cunha escea inédita, a partir das 18 horas no Círculo Recreativo e Cultural de O Porriño, onde haberá desfile de chimpíns e actores e o estreo de ‘Doentes’, protagonizada por Pico e Morris. Xa pola noite música e videoclips no bar Tubulart.

Se á mañá seguinte segues con gañas, chega o prato forte do Festival, o día grande. O Baixo de Moncho acolle dende as 16:30 horas a proxección de dúas das longametraxes documentais máis esperadas da temporada: ‘Brasil somos nós’, dirixida por Robert Bellsolà e protagonizada por Carlos Núñez, e ‘Escuchando al juez Garzón’, unha entrevista en profundidade ao maxistrado realizada por Manuel Rivas e dirixida por Isabel Coixet. Tamén á tardiña daranse a coñecer os novos proxectos dos Fillos de Cans, aqueles que vimos noutas edicións presentando curtas e outros proxectos, e que agora traen as primeiras imaxes das súas primeiras longametraxes.  

Despois da procesión de chimpíns amenizada por The Turre’s Band, dará comezo a Noite de estrea, coa presentación dos xurados do festival, das primeiras imaxes do filme ‘Querida Gina’, o primeiro filme protagonizado por dous veciños de Cans, e dos making of da edición de 2010, ‘Un festival na estrada’, e do proxecto Can Campus, ‘Algo terás que facer’. Deseguido, a Asociación Cultural Arela fará entrega do Pedigree’11 a María Pujalte, que tamén colocará a súa estrela no Torreiro das Estrelas, dos Chimpíns de prata a Roberto Vilar e Serafín Campos e dos premios do concurso de videoclips, coa proxección das pezas gañadoras xunto co videoclip do proxecto Can Campus ‘Las mentiras’. Como xa é habitual, o remate da xornada será musical, cun concerto estelar de El Gran Wyoming y los Insolventes e dúas sesións DiscoChimpín, a primeira con Jorge Ilegal e David Morei, de Los Oricios, e a segunda coa actriz Isabel Risco.

Os veciños, protagonistas co Cans Campus

Cans Campus é un proxecto coordinado por Oswaldo García, profesor da Facultade de Comunicación de Pontevedra, e Alfonso Pato, director do Festival de Cans. O traballo arrancou no mes de decembro e nel se implicáronse máis de cincuenta persoas entre estudantes, veciños e os músicos do grupo Sinestesia. Titorizaron todo o proceso os realizadores Juan Lesta e Belén Montero, que ao fronte da súa marca SDK traballaron para grupos como Astrud,  Fangoria ou La Buena Vida. Como resultado graváronse dúas pezas audiovisuais, o videoclip ‘Las mentiras’ e o making of de todo o proceso creativo ‘Algo terás que facer’, que agora se estrean dentro da programación de mañá.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.