Vigo al minuto

61 pequechos poderán ir á gardería en Bembrive

Haberá que esperar aínda un ano, pero Bembrive contará cunha nova escola infantil con 61 prazas que custará 610.000 euros e será cofinanciada entre a Entidade Local Menor de Bembrive, a Xunta e o Ministerio de Educación. A maior parte do montante desta gardería, enmarcada no plan ‘Educa 3’, será desembolsado pola entidade local, que se enfrontará ao pago do 40% da obra, mentres que as outras dúas entidades repartiranse o montante restante. O proceso está á espera de que a Xunta poña  a disposición dos veciños os terreos.

También te puede interesar