¡Que se curren tu voto! Galicia

Esquerda Unida leva á Xunta Electoral o ataque aos seus carteis

Xesús Alonso Montero.
Xesús Alonso Montero.

Retiraron 21 pancartas de xeito simultáneo en numerosos puntos da cidade para “evitar a visualización e censurar a presencia social e política” de Esquerda Unida na campaña electoral de cara as vindeiras municipais do 22 de maio. Por iso, o partido presentou hoxe unha denuncia formal na Xunta Electoral de Vigo polo ataque a esos carteis, acto similar que sufriron os candidatos que se presentan a Ponteareas. “Forma parte do xogo sucio dos que por riba disto malgastan miles de euros en propaganda desaforada. A cidadanía será a que castigará nas urnas estes comportamentos antidemocráticos”, lamentan dende o partido.

Cultura no día da terra

O partido quixo aproveitar o Día das Letras Galegas para presentar as liñas xerais do seu programa cultural, un sector “que pode crear emprego e riqueza dende o municipalismo“, asegurou Xesús Alonso Montero, catedrático de Lingua Galega e membro da candidatura de EU ao Concello de Vigo. O programa defende facer programas integradores e de calidade, con apoio aos recintos que programen alternativas culturais ata o de agora sen apoio municipal mentres se loita coa cultura espectáculo “que dilapida millóns de euros sen xerar tecido cultural”, a ampliación da rede de Casas da Cultura, a creación dun Ateneo Cultural vigués, dunha televisión e radios públicas, rede wifi en todo o termo municipal e unha loita contra a SGAE polos “abusos” que comete.

Ademáis, dende EU apostan pola defensa da lingua galega en todo os ámbitos públicos para “evitar que sexa un arma política entre partidos” e para convertelo nunha arma de inmersión lingüística integradora.

También te puede interesar