¡Que se curren tu voto! Destacados

É o momento da ‘Vigo revolution’

Sen tendas de campaña e sen idea de durmir, pero de xeito pacífico e con gañas de demostrar que as cousas poden cambiarse cunha ‘acampada’ ficticia en Príncipe. Despois dos desaloxos en Madrid, un cento de persoas se concentran en Vigo desde esta tarde como medida complementaria á manifestación do pasado domingo, na que participaron preto de 2.000 vigueses convocados a través das redes sociales por movementos como No les votes ou Democracia Real Ya.

Despois dunha asamblea ás portas do Marco que durou máis de dúas horas, esta noite estudantes, precarios, parados ou traballadores a pasarán a intemperie como xeito de protesta por un sistema político que non os representa e que fomenta o bipartidismo e para reivindicar que o vindeiro 22 de maio a xente acuda en masa ás urnas “para votar unha alternativa, non aos partidos maioritarios”.

Con lemas como ‘Poco pan para tanto chorizo’, ‘La revolución no será televisada’ o ‘Súmate a la spanish revolution’, esta concentración non pretende animar a que a xente deixe de exercer o seu dereito a voto, senón todo o contrario, queren unha movilización masiva do electorado para que lle dea unha oportunidade a partidos que non sexan PSOE, PP ou CiU.

Esta acampada repetiuse noutras dúas cidades galegas, Santiago e A Coruña, que non deixaron de mirar cara Madrid, onde miles de persoas se reuniron esta tarde na Porta do Sol nunha concentración espontánea convocada a través de redes sociais e móbiles que podería acabar tamén en acampada nocturna. A finalidade, reivindicar un dereito que parece esquecido: o dereito a indignarse.

También te puede interesar