¡Que se curren tu voto! Destacados

A cultura do corta e pega chega á campaña electoral

As mesmas ideas que nas eleccións do 2007, do 2003, do 99… A asociación ecoloxista Amigos da Terra denuncia que as propostas medioambientais dos programas electorais dos tres partidos maioritarios en Vigo son un «corta e pega» do presentado nas anteriores eleccións, «un diagnóstico correcto dos grandes problemas ambientais da cidade, pero erran nas medidas de fondo para correxir as causas e non cuestionan o modelo socioeconómico que xera eses problemas».

A entidade denuncia que as propostas son sempre xenéricas, en parte porque son promesas baseadas nunha falta de competencias, xa que o saneamento ou a depuración da ría e a xestión litoral dependen da Xunta e do Goberno central. As propostas, as de sempre: zonas verdes, potenciar os parques forestais, «instalar moito» carril-bici, unha nova depuradora, completar a rede de saneamento, recuperar o Lagares, coidar a ría, non máis recheos e mellorar os transporte público.

«O seu concepto do medio ambiente se restrinxe case sempre ao medio natural e a súa valoración estética«, recordan. «Existe unha seria contradicción entre as propostas para unha cidade sostible e as moi insostibles medidas do resto de apartados. Os partidos están lonxe de comprender e asumir a importancia e complexidade da crise ambiental».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.