¡Que se curren tu voto! Vigo al minuto

Mensaxe do BNG ás mulleres: retroceder, nin para coller impulso

Anos de «bregar» para acabar con recurtes en igualdade no Goberno autonómico, medidas como a Lei da Familia ou a desaparición do Ministerio de Igualdade. Coa xente sensibilizada pola morte de Gloria Garcia a mans do seu ex mozo en Noia, o BNG aproveitou para presentar unhas medidas de igualdade que pasan por apostar polo emprego feminino, a implantación dun plano de corresponsabilidade e a posta en marcha progresiva de «orzamentos sensibles ao xénero, calculando o impacto das distintas políticas por áreas na igualdade de xénero».

Os nacionalistas fixeron un chamamento á votación o vindeiro domingo 22 de maio para «non perder ningún dos dereitos adquiridos», xa que en tempos de crise a muller é a principal afectada, xa que é a primeira en perder o seu posto de traballo, segundo os nacionalistas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.