¡Que se curren tu voto! Vigo al minuto

En pé de guerra polo deporte

Visións contrarias sobre a evolución do deporte durante estes catro anos na cidade de Vigo. Mentres os populares falan de politizalo, demagoxia e abandono do deporte base, os nacionalistas, aos que se acusa directamente por levar a área de deporte, acusan á candidata popular de quitar 3 millóns de euros do orzamento deportivo ao tempo que os Goberno municipal aumentaba o número de alumnos  das escolas deportivas e as axudas aos clubes de base, con récord de participación.

Diante da piscina de Barreiro, Porro adxudicouse parte do proxecto das novas piscinas, adxudicadas no seu goberno, ao tempo que aseguraba que incrementaran un 70% as subvencións a clubes e actos deportivos, apostaron polos grandes eventos tipo Volvo Ocean Race e contruiron 11 campos de fútbol de herba sintética, estos últimos máís ben achacables a Rafael Louzán e á política da Deputación de Pontevedra.

A súa aposta deportiva se chegan á alcaldía: facer a Cidade do Deporte en Valladares, ampliar os espazos deportivos en barrios e parroquias e construir novos pavillóns e equipamentos. “A práctica do deporte é un ben social en si mesmo e é necesario facer unha boa xestión dende o goberno municipal. O deporte é un gran xerador de oportunidades, de emprego”, recalcaron.

Sen vergoña

Iso foi do que acusou o actual concelleiro de deporte e número 3 polo BNG, Xabier Alonso, a Corina Porro por criticar a política deportiva do BNG, cun investimento nos últimos catro anos de 29 millóns de euros en infraestruturas como o complexo Máis que auga de Barreiro diante do que Porro deu hoxe unha rolda de prensa.

También te puede interesar