Comarcas Galicia

Luar na Lubre presenta este sábado en Vigo o seu ‘Solsticio’

Un luxo, non asiático, senon galego. Eso é a presentación de ‘Solsticio’ o derradeiro traballo de Luar na Lubre, que darase a coñecer ao público no teatro do Centro Cultural Novacaixagalicia de Vigo este sábado ás 8 e media da tarde.

Trátase dun traballo no que se misturan os temas máis clásicos con outros no que se presenta un son novo, no que a zanfona deixa espazo á guitarra eléctrica, e que renova ao grupo que cumpre xa 25 anos de traxectoria.

‘Solsticio’ xunta 15 temas que abranguen dende a música popular ate a melodías medievales que reflicten a capacidade de sorprender e a virtuosismo que adquiriu Luar na Lubre dende a súa constitución.

A banda obtivo o recoñecemento mundial logo da súa colaboración con Mike Oldfield en 1996, que incluiu o tema ‘O son do ar’ no album ‘Voyager’ e invitou ao grupo galego a parcipar na sua xira mundial.

As entradas para oconcierto de este sábado están xa á venda en Internet, en www.servinova.com, ou no teléfono 902.504.500.


 

También te puede interesar