Comarcas Galicia

Redondela quere estar no mapa dos servizos sociais de Galiza

Máxima eficiencia de todos os recursos para poñelos ao servizo dos cidadáns. Esa será a base do programa de Benestar Social do Partido Popular de Redondela, que apostan pola ampliación do número de prazas nas garderías, a asistencia a domicilio, a formación e xeración de emprego nesta materia e á creación dun punto de información ao inmigrante entre outras iniciativas. Javier Bas, candidato popular á Alcaldía de Redondela avogou pola asistencia ao domicilio das persoas dependentes para o cal “promoveremos tamén o emprego a través da formación encamiñada a este fin, porque o benestar social é tamén unha fonte de emprego, un nicho de mercado que está por explotar e con moitas perspectivas de futuro”.

“Conseguiremos que Redondela ocupe o posto que se merece no mapa dos Servizos Sociais de Galicia”, aseguraba Bas. O número de prazas de garderías será ampliado, un dato corroborado pola conselleira que explicou que a día de hoxe hai en toda Galicia unhas 2.000 prazas e que ao finalizar este 2011 haberá 1.000 máis, polo que “de seguro Redondela será beneficiaria deste aumento acollendo posiblemente unha nova escola infantil”.

Outra das propostas dos populares redondeláns é a creación dun punto municipal de información ao inmigrante e a de comedores escolares, estudando tamén a necesidade dun comedor social. Así mesmo, atenderan «as necesidades específicas das familias con nenos que requiran educación especial, impulsaremos medidas de axuda á natalidade no noso concello, programaremos campañas de colaboración con asociacións e institucións dedicadas ao coidado de persoas con necesidades especiais, eliminaremos progresivamente as barreiras arquitectónicas en edificios públicos, incentivando a súa supresión en propiedades particulares, elaboraremos unha guía de mobilidade, revitalizaremos o asociacionismo dos nosos maiores e a súa colaboración na vida municipal e poremos en funcionamento o centro de día de Cesantes, co compromiso de que poida estar en servizo no 2013”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.