Comarcas Galicia

Froiz poderá estrenar Fragamoreira en dous anos

Así o confirmou o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, durante unha visita hoxe ás instalacións da empresa Froiz, que ten prevista a súa ampliación e traslado ao futuro polígono Fragamoreira, en Poio. Este parque industrial xa conta co plan parcial para a aprobación definitiva municipal, trámite que se espera resolver en breve.

Ao mesmo tempo, a Xunta xa traballa no proxecto de urbanización do parque empresarial, que está case redactado. Os terreos se están adquirindo coa negociación propietario a propietario para acadar un polígono industrial de casi 387.000 metros cadrados e que custará 22 millóns de euros.

Cunha plantilla de 4.200 traballadores, a plataforma central do Grupo Froiz en Lourido, de 16.000 metros cadrados, quedou pequeno polo que xa ten reservados 110.000 metros cadrados na Fragamoreira, case o 50% da superficie do parque.

También te puede interesar