¡Que se curren tu voto! Destacados

Denuncian a Corina Porro por facer un acto sen permiso na estación de tren

Estaba falando das propostas populares para as grandes infraestructuras en Vigo cando, xa rematado o acto, apareceu unha patrulla da Policía Local para desaloxar. Os propios responsables de Vialia denunciaran á candidata do PP á alcaldía de Vigo por non ter autorización para celebrar o acto electoral no recinto ferroviario. Aínda que só ían a levantar acta, os axentes atopáronse co resto de populares que acompañaban a Porro abandonando o recinto.

O lugar escollido, acorde co contido da rolda de prensa, que apenas durou 10 minutos: falar dos prazos da alta velocidade e da necesidade doutras infraestruturas, como un túnel en Julián Estévez, Beiramar e Praza de España ou a autovía Vigo-Pontevedra. Mentres, pola súa banda, o PP emitiu un comunicado no que asegura que o acto cumpría coa legalidade, xa que tivo como escenario “o que entendemos como un espacio público, que pertence a todos os cidadáns e que, como tal, poden facer uso del”.

Os populares respáldanse no feito de que o acto non repercutiu na actividade normal exterior da estación de tren e que cando montaron o esceario a primeira hora da mañá ningúen os advertiu de nada.

También te puede interesar