Comarcas Galicia

Con Redondela, choco e cebola

Bodas de prata para a Festa do Choco de Redondela. De novo pasado por auga, a vila redondelana festexou a súa tradicional festa do Choco con máis de 5.000 quilos de choco dispostos na tradicional versión de arroz na súa tinta, pero tamén en empanada ou de xeito un pouco máis orixinal, como a versión de cociña de fusión: tacos de choco.

Dous días de música, comida e actividades para todos nos que pasaron preto de 30.000 persoas. Os prezos, de crise: entre 5 e 7 euros a ración das versións tradicionais deste produto. Pistoletazo de saída por tanto a todas as festas que lle esperan dende agora aos fins de semana redondeláns.

También te puede interesar