Galicia Vigo al minuto

O corpo dunha balea de 12 metros, á deriva pola ría de Vigo

Xa foi retirado por un equipo de Salvamento Marítimo, despois de localizar o corpo diante da praia de Santa Marta, na zona canguesa de Liméns. A balea, duns 12 metros de lonxitude, frotaba morta á deriva pola Ría de Vigo e foi levada mar adentro a primeira hora da mañá. Cemma recomendara o seu traslado a porto para poder facerlle unha necropsi e tomar as mostras científicas pertinentes, xa que na praia ou no rochedo é máis difícil e custoso económicamente.

Cemma lamenta a oportunidade perdida de poder analizar o corpo desta balea, que apareceu aboiando morta na boca sur da Ría de Vigo onte pola noite e que estaba en bo estado de conservación, xa que rara vez estas especies chegan ata a costa galega en tan bo estado. A balea común é o segundo animal máis grande do mundo, detrás da balea azul (Balaenoptera musculus). É unha especie presente na costa galega, da que constan rexistros de avistamentos e varamentos, aínda de forma ocasional. Por eso a aparición dun animal en boas condicións é moi importante, para poder obter mostras para estudos de xenética, dieta, reproducción, contaminantes…

También te puede interesar