¡Que se curren tu voto! Comarcas

San Simón, portas abertas de xeito permanente

Aproveitar todos os recursos turísticos que Redondela pode ofrecer. Eso é o que quere facer o Partido Popular de Redondela, que aposta por elaborar un Plan para o Desenvolvemento Turístico da vila, solicitando ademais a declaración de Redondela como concello turístico galego. “Xestionaremos un transporte permanente á Illa de San Simón, con saída dende o novo porto de Cesantes, promovendo a inclusión de Cesantes nas travesías turísticas pola nosa ría”, asegurou Javier Bas, candidato á alcaldía.

Ademais, fortalecerase o turismo gastronómico e a promoción do Choco de Redondela, solicitando un etiquetado específico para garantir a súa orixe redondelá. O PP local tamén impulsará a inclusión de Redondela na Denominación de Orixe Rías Baixas e promoverá cursos de formación específica en hostalería e turismo no concello. Precisamente esta fin de semana celébrase na vila a Festa do Choco, pola que tanto Javier Bas como todos os membros  da súa candidatura pasarán.

Pegada de carteis

O Partido Popular de Redondela deu esta madrugada o pistoletazo de saída á campaña electoral coa tradicional pegada de carteis.  Por diante, 15 días intensos nos que os populares exporanlle aos veciños os seus proxectos para os vindeiros 4 anos co obxectivo de acadar unha Redondela mellor. Neste marco, presentan un programa electoral con melloras e achegas nas diferentes áreas e en todas as parroquias.

También te puede interesar