Curiosidades Destacados

Proba un anaco, que maloserá!

Duvi/ As avoas do Supermercado Gadis botaron a casa pola ventá. Por terceiro ano consecutivo, catro actrices amateur metéronse nas batas e no papel de avoa ama de casa para regalar preto de 500 tortillas ao estudantado no campus da Universidade de Vigo. Tras unha breve entrevista coas señoras, todo o que se atrevera a pasar pola carpa instalada na Praza do Edificio Miralles levouse a casa de balde un envase cunha pequena tortilla de patacas dentro e o lema ‘Don’t worry… que maloserá’ escrito fóra.

Unha rechamante acción que nestes tres anos sempre acadou moito éxito e coa que se pretende recrear a campaña ‘Vivamos como galegos’ nos sete campus universitarios de Galicia. En total, repartiranse 2.700 tortillas que cumpren todas as normas de seguridade alimentaria, con produtos correctamente envasados e trasladados en vehículos cos sistemas de refrixeración axeitados.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.