Cultura Galicia

Galicia pérdese nas ondas

Desde a súa chegada a Galicia alá polos anos 30 do século pasado ata a actualidade. A mostra ‘Galicia nas Ondas’ constitúe no Verbum dende hoxe unha sorte de Museo da Radio en Galicia con sede estable no museo vigués na que se recollen pezas aportadas por empresas radiofónicas e arquivos de coleccionistas públicos e privados, como o micrófono regalado por Hitler a Franco no que se leu o último parte da Guerra Civil, o discurso de apertura da primeira emisora en Vigo ou un guión de Álvaro Cunqueiro cedido por Radio Nacional.

As primeiras retransmisións radiofónicas comezaron entre 1933 e 1935 en Santiago, para promover o Estatuto de Autonomía. Agora, esta mostra achegará ao público equipos antigos e modernos, transmisores, fondos documentais, guións e fotografías que ilustran a historia do medio: os seus inicios, a censura franquista, a apertura de finais dos anos 70, a transición e o futuro enmarcado pola era dixital.

También te puede interesar