¡Que se curren tu voto! Vigo al día

Anxo Maneiro (Converxencia XXI): “Somos o máis parecido a CiU que hai en Galicia”

N.REY/ A.ALBALADEJO/N. FERNÁNDEZ.- Non nos coñecíamos. Anxo Maneiro deixou a corporación viguesa cando a maioría de nos aínda non empezáramos a nosa carrerira profesional. Parece unha persona decidida, saúda con educación, da as grazas pola oportunidade e se senta disposto a respostar a calquera pregunta. Advertimoslle que non hai moitas, “é o mesmo, eu quero que se coñeza o que pensamos”, responde. E iso é o que fai, cun ton rotundo e sen deixar de referirse ao que é este mundo político e o que era cando el o deixou.

Vigo al minuto.- Quén é vostede?

Anxo Maneiro.- Chámome Anxo Maneiro, son un liberal progresista, considérome de centro, son demócrata antes de calquer tipo de ideoloxía, por iso parto sempre da necesidade de chegar a acordos dende o diálogo. Teño experiencia municipal, estiven de 1983 a 1988 no goberno local, fun presidente de Emavisa, vogal de Zona Franca, membro do consello de administración da caixa de aforros, entre outras cousas…militaba no Partido Socialista e deixeino por motivos obvios: como convicto nacionalista era difícil nun partido de ámbito estatal…e porque a política empezaba a ir por derroteiros que eu non concebía. Tiven un padriño político que foi Francisco Fernández Ordóñez que, entre outras cousas ensinoume dous cousas esenciais: un político non pode mentir e tampouco pode haber a mínima sospeita e que mete a man na caixa.

VAM.- Qué é Converxencia XXI?

A.M.- É unha formación formada por xente limpa, con aire fresco, que pretende ocupar un espazo que en Galicia non o poden cubrir nen os doas forzas estatais e tampouco o BNG porque ten un montón de incoerencias e defende posicións, as veces, demasiado radicais que non lle permiten ver a luz onde está. pretendemos o desenrolo social e económico de Galicia, aposto por unha autonomía plena, que non se está

VAM.- Cales son as liñas máis destacadas da súa formación?

A.M.- Pretendemos, como convictos nacionalistas, o desenrolo social e económico de Galicia, apostamos por unha autonomía plena, exercida dun xeito que non se está dando, porque a maioría da clase política non ven a servir se non a ser servida, e dentro dese espazo político, con equilibrio, e integrada por personas capacitadas profesionalmente e con moi boa formación, podemos conquerir estos obxectivos. Pense que cos seis primeiros desta candidatura podemos formar un goberno municipal infinítamente mellor que non tería comparanza co que hai. Esto é así porque as listas dos partidos están pechadas, feitas para servir ao amo e que xurden en asambleas raramente democráticas, que chega o que se máis serve aos que mandan Nos partimos da idea de que un concello é a institución máis próxima ao cidadán e nela ten que converxer, unha boa xestión con unha boa participación, para elo necesítase xente de xestión e participativa…as grandes formacións están para dirixir, non para gobernar. Eu loitei nesta cidade contra a corrupción urbanística…. é o momento de que os cidadáns se defendan.

VAM.- Cómo xurde a idea de formar ‘Converxencia XXI e cándo?

A.M.- Xurde hai dous anos, en Tui, o noso secretario xeral é Carlos Vázquez Padín, un home de traxectoria contrastada e fondas conviccións galeguistas…xurde porque todos os experimentos, que foron experimentos, que se fixeron en Galicia para ocupar un espazo nacionalista de centro ou ven foron vendidos ou ven foron queimados… non toda a culpa delo foi dos grandes partidos, senon dos mesmos proxectos: demasiado personalistas, que usaban esas formaciones coma pontes para chegar máis alá… a idea de ‘Converxencia XXI’ é ir despacio, sen prisa, pero sen pausa, porque reúne un conxunto de personas dispostas a sacrificarse por Galicia…personas limpas, democráticas, con vocació, que non necesitan a política para defenderse na súa vida profesional.

“ A MAIORÍA DA CLASE POLÍTICA ACTUAL NON VEN A SERVIR, SENON A SER SERVIDA”

VAM.- Cal é a diferencia con outras formacións nacionalistas?

A.M.- Fora do BNG non hai nacionalismo…o resto son experimentos con gaseosa… un tipo está cabreado co PP e monta un partido independentista e lle pon galeguista ainda que non sabe nen como é a bandeira galega, para que nos entendamos…o BNG é moi de esquerdas, moi radicalizado, con posicións incoerentes…ese non é o espazo de centro que hai en Galcia que nos queremos ocupar… nos somos o máis parecido en todo a Convergencia i Unió (CiU), en Cataluña, casi o temos coma un modelo a seguir, podemos ir dende a socialdemocracia ate a democracia cristiana, un espazo que ninguén ocupa hoxe en Galicia.

VAM.- Cómo se financia Converxencia XXI?

A.M.- Coas cuotas dos militantes…en esta campaña só temos só para carteis…afortunadamente cada día ten máis importancia Internet, especialmente nunha cidade coma Vigo…esta é a unha única forza que temos para chegar á xente.

VAM.- Hai uns días o candidato de UpyD decía que tiña 2.000 € para a toda campaña en Vigo, cántos ten Converxencia XXI?

A.M.- Non temos cartos…saímos cuns carteis que nos mandan a nivel galego, e agora faremos un panfleto, que nos costa do orden de 500 € e vamos a ver se rascamos os bolsillos…non chegaremos a gastar nen 800 € e por iso empregaremos as armas que temos neste intre: as redes sociais.

VAM.- Cómo van a facer para ter actos electorais? Están programados xa? Onde?

A.M.- Imos intentar que as asociacións de veciños nos deixen os seus locais…non para falar senon para debatir…e se pode ser cos que creen que están en posesión da verdade, eses que dirixen en troques de gobernar, que apostan polo clientelismo e os intereses partididtas e sospeitosos de moitísimas corrupcións. As listas de moitos deles están contaminadas… polo Concello de Vigo pasaron PP, PSOE e BNG, todos votaron a favor das irregularidades urbanísticas que xa están sentenciadas, ese é o caso das grandes superficies comerciais que están cargando ao pequeño e mediano comercio de Vigo, se estivesen no enclave adecuado se mantería o comerio urbano…se imaxinan un centro de Vigo sen escapartes? Como pasou xa noutra cidade galega…pois temos que prepararnos para non ver escaparates no centro, só escaparates…haberá que facer algo.

NESTA CAMPAÑA EN VIGO NON CHEGAREMOS A GASTAR NEN 800 € E TODOS POSTOS POLOS NOSOS MILITANTES”

VAM.- Hoxe en Vigo hai máis de 30.000 parados, que ideas ou propostas ten ‘Converxencia XXI’ para reducir esta tasa de desemprego?

A.M.- Eu son xestor industrial e isto me preocupa enormemente. Vigo está vivindo da súa historia, os tres sectores básicos: pesca, automóvil e naval están en crises dende hai tempo, buscouse algunha alternativa para cambiar o tecido productivo?para axudar aos emprendedores? Propoñemos crear un gabinete municipal para asesorar, apoiar, orientar a eses emprendedores que poden cambiar o tecido productivo, ter algunha alternativa e non se fixo nada Non podemos seguir vivindo das sobvencións…un pobo que non teña tecido productivo está condenado á mseria, del ven a reactivación da economía e, con ella, o emprego. Con protagonistas como Caballero ou Corina non imos a ningún lado, un porque de xestión nada e a outra porque non creo que haxa política neste país ao que se lle deran tantas oportunidades para aprender e siga igual…a eles hai que engadir a un partido nacionalista que vai de comparsa a ver o que apaña.

VAM.- Di que os concellos sí poden facer algo en emprego, qué exactamente?

A.M.- Hai que ter craro que os concellos non crean emprego, o emprego o crean os empresarios…cando foi a reconversión naval creouse no Concello unha oficina de promoción industrial para orientar a toda aquela persona que tiña un proxecto, dende o estudo de viabilidade ate os trámites ante as administración ou búsqueda de financiación. Tamén pódese evitar asfixiar aos pequenos e medanos empresarios, buscando alternativas á hora de pagar impostos, artellando alternativas, aprazamentos, salvagardando os postos de traballo.

PROPOÑEMOS CREAR UN GABINETE MUNICIPAL PARA ASESORAR, APOIAR E ORIENTAR A ESES EMPRENDEDORES QUE PODEN CAMBIAR O TECIDO PRODUCTIVO E XERAR EMPREGO”

VAM.-Qué lle parece coma se empregaron os cartos do Plan E?

A.M.- Non estou en contra do Plan E pero non se aproveitou: nen se subo con quén facer as obras e se fixeron as obras moi mal...dentro de tres anos o Concello terá que cambiar ou renovar moitas das cousas que fixo, como, por exemplo, as xardiñeiras. Co Plan E teríase que ter plantexado pensando en xerar emprego aquí, e non se controlou nada. O mesmo debería de facerse coas concesionarias municipais: controlarlas, vixiarlas, iso é función do Concello velando polo emprego, esa é unha labor de xestión. Ninguén xest iona, non interesa, o que hai detrás é a intención dos dous grandes partidos de alternarse, de repartirse o poder, de non deixar alternativa.

VAM.-En qué concellos se presenta ‘Converxencia XXI’?

A.M.- A Coruña, Santiago Vigo e Tui, por cuestión de nacemento. En Tui confiamos en estar no Concello e en Vigo teríamos isa oportunidade se poideramos facer o que nos gustaría, tamén, porque estamos convencidos de que ninguén presenta unha alternatva como a nosa…pero sabemos que chegamos algo tarde porque presentamos tarde a candidatura.

VAM.- Cantos militantes teñen?

A.M.- Preto de 500 en toda Galicia, e subindo

VAM.- Son os políticos o terceiro problema dos cidadáns?

A.M.- Esa percepción é totalmente certa. A clase política gobernante o que tiña que facer é irse para a súa casa. Ten que chegar xente que entenda que na política se está para servir e entender que a victoria electoral nin da permiso para todo nen supón a derrota do opoñente que tamén ten un apoio que hai que ter en conta.

SE O BNG FOSE RESPONSABLE DEIXARÍA GOBERNAR AO PSOE, APOIANDO A INVESTIDURA DE CABALLERO, E PACTARÍA CON ÉL OS TEMAS BÁSICOS PARA A CIDADE”

VAM.- Debería gobernar a lista máis votada?

A.M.- A dereita está toda no PP, dende a ultradereita…iso ven de tempos de Fraga, o que pasa que Fraga nunca sospeitou que esa ultradereita se fixese co control do partido…a esquerda está máis disgregada e o seu militante non é tan disciplinado á hora de ir a votar como o da dereita…eu vin autocares enteiros levando monxiñas para ir a votar…por iso as grandes forzas pretenden dividir o arco electoral en dúas metades e alternarse no poder. É legal que haxa acordos para crear gobernos de coalición, ético? Tamén pode ser, eu non son quen para establecer normas éticas e morales…eu deixaría gobernar á forza máis votada, é a miña opinión. En Vigo non hai un goberno só, hai dous gobernos…non hai máis que ver os carteis de ‘Alcaldía’ e ‘Tenente de Alcalde’…hai dous señores que de cando en vez xúntanse para repartirse as competencias. Se hai un goberno ten que ser un: o do Concello de Vigo. Se o Bloque fose responsable dexaría gobernar ao PSOE: o votaría na investidura e pactaría os temas básicos.

VAM.- Fága catro propostas que non farían outros partidos

A.M.- O mínimo que hai que facer é devolver á cidade a legalidade urbanística, evitar as sospeitas, rematar coa especulación. Boa xestión e participación cidadá nunha mellor orde democrática; defender aos traballadores autónomos e o pequeño e mediano comercio e empresa e potenciar o tecido productivo para xerar riqueza directa e indirectamente, isto é básico para o emprego es estas catro ideas son os mínimos para empezar a gobernar.


 

También te puede interesar