¡Que se curren tu voto!

O BNG inaugura a tempada de promesas electorais

Factible, viable e rendible a medio prazo, ademáis de ecolóxico. Pero tamén dos tempos de Maricastaña. O BNG ten unha nova proposta para en materia de mobilidade e transporte público, un plan estratéxico de seis liñas, entre as que destaca a creación da primeira liña de tranvía entre Urzáiz e a Universidade de Vigo. E na que participarían, nada menos, que Concello, Xunta, Zona Franca, a propia Universidade como estación final e unha empresa concesionaria.

Cun percorrido por Gran Vía, Praza de América, Balaídos, Pereiró, o novo Hospital de Vigo e o Parque Tecnolóxico, o BNG calcula que o servizo daría cobertura a máis de 50.000 persoas e serviría de continuidade ao percorrido de longa distancia do AVE e “articularía con maior eficacia unha nova conformación do servizo de bus urbano, que nalgúns casos podería reconverterse a circulares ou lanzadeiras” que conectasen directamente os barrios e parroquias próximas.

Quen sabe, se chegamos a velo igual se converte nun elemento memorable da cidade, como en Lisboa.

También te puede interesar