¡Que se curren tu voto! Comarcas

O PSOE de As Neves presenta oficialmente a súa candidatura para as Municipais

O PSdeG-PSOE de As Neves ven de presentar a lista coa que afrontará ó vindeiro 22 de Maio o reto de acadar a Alcaldía do concello. O acto celebrouse no Centro Social da 3ª idade, contando cunha gran afluencia de público cercana ó centenar de persoas.

No acto interviron Rocío Bernardez, secretaria provincial de medio ambiente do PSdeG, quen valorou os poucos cambios experimentados por este concello nos últimos 15 anos, e a necesidade de que se exploten os recursos naturais cos que conta As Neves, sin esperar a que cheguen proxectos que «caian do ceo e acaben coa despoboación que se está a sufrir ano tras ano».

Pablo Pregal, secretario xeral da agrupación, e Nº 2 da candidatura, encargouse de enfatizar a importancia que teñen estas eleccións para os veciños, posto que» nestes comicios é onde se elixe á xente que xestiona as cousas que nos afectan no día a día, tales como as garderías, o saneamento, as carreteras, ou centro de saúde».

Pregal criticou ás presións que sofren as persoas que integran a lista dos socialistas, o que as honra á hora de implicarse, posto que o fan co ánimo de mellorar as cousas e facer que o seu concello sea mellor e máis habitable, sen un interese particular.

Según Pregal, o PP que goberna Xunta, Deputación e Concello, non fixo ninguha inversión no concello de As Neves nos últimos 4 anos, sendo os únicos cartos que chegaron ó concello, aqueles que destinou o goberno central a través do Plan E.

Eduardo Mariño, candidato á Alcaldía, fixo unha explicación somera dos principais puntos do programa socialista, como son establecer un plan integral de transportes entre parroquias e concello, arranxar todas as estradas e camiños de titularidade municipal, solucionar as carencias que ten o centro de saúde, acabar coas dedicacións exclusivas que non se necesitan e axudar a aquelas persoas que teñen limitacións e os servizos sociais do concello teñen esquencidas.

Mariño agradeceu a confianza que deposita nel a agrupación de As Neves, así como os membros cos que comparte lista, ós que foi presentando un a un.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.