Galicia

90 persoas sufren cada día un accidente no seu posto de traballo

Máis dun 23% sinistros laborais menos. Marzo rematou con 2.795 accidentes no posto de traballo con baixa en xornada laboral, fronte aos 3.642 ocorridos no mesmo mes do ano anterior, o 98,4% deles leves. Sen embargo, houbo que lamentar 37 sinistros graves e 5 con víctimas mortais.

O descenso foi xeralizado en todos os sectores. Os datos máis positivos proceden da pesca, cunha baixada do 34,23%; seguida da construción, cun descenso do 28,11%; dos servizos, cun 22,22%; da industria, cunha diminución de sinistros do 20,95% e da agricultura cun descenso do 13,33%.

Mentres, por provincias, encabeza a redución do número de sinistros laborais Pontevedra cunha porcentaxe do 33,99%, seguida de A Coruña cunha diminución do 21,54% e Ourense cun 8,07% de descenso. Soamente Lugo presenta un lixeiro incremento do 1,66%.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.