¡Que se curren tu voto! Galicia

Non está o forno para premios

Os Premios Concello de Ponteareas a persoas e entidades que merecen o recoñecemento dos cidadán nacen con polémica. Sobre todo porque o Concello quere outorgalos en plena campaña electoral, algo que o BNG de Ponteareas non ve con bos ollos. Por iso esixen ao alcalde «que se informe antes sobre a realización deste tipo de actos, unha vez que xa están convocadas as eleccións, para evitar incorrer nun delito electoral» e que a Xunta Electoral non permitise a celebración do acto.

Os nacionalistas propoñen que o acto se celebre coincidindo con datas importantes, como o Corpus ou as Festas de Setembro. «Solla xa faltou ao respeto aos homenaxeados xa que despois de comunicarlles por carta a celebración do acto o 30 de abril, entéranse pola prensa de que se pospón ata o 1 de maio para que Solla poda acudir ao mitin de Rajoy en Pontevedra«, asegura o BNG.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.