Comarcas Galicia

Javier Bas pon cara á cultura redondelana

Ten 42 anos, casado, con tres fillos e un experto en xestión cultural. Por iso, Javier Bas, candidato do PP en Redondela, incorporará a Julio Carlos Alonso Monteagudo na súa lista pensando en que se ocupe da área de Cultura. Este veciño de San Esteban de Negros está diplomado en Maxisterio e é doutor en Antropoloxía pola Universidade de Santiago, ademáis de estar licenciado en Xeografía e Historia coa especialidade en Musicoloxía, entre outras cousas.

“Con esta nova incorporación damos un gran paso de cara a afrontar coas competencias necesarias a área de Cultura no Concello de Redondela, que é como realmente se merece. Alonso ten unha visión moi ampla neste campo e coñece perfectamente as ferramenteas e a xestión dos recursos culturais”, recoñeceu Javier Bas.

Vencellado ata o día de hoxe ao corpo de profesores de Música e Artes Escénicas no Conservatorio Superior de Música de Vigo, Alonso Monteagudo tamén estivo moi ligado sempre a Redondela, xogando en todas as categorías do Club Deportivo Choco e no Reboreda, ademais de ser socio fundador do Cineclub e colaborar con distintos colectivos ecoloxistas. “É a persoa idónea para estar ao fronte da área de Cultura do Concello”, ratificó o candidato popular de Redondela.

También te puede interesar