Comarcas Galicia

Javier Bas pon cara á cultura redondelana

Ten 42 anos, casado, con tres fillos e un experto en xestión cultural. Por iso, Javier Bas, candidato do PP en Redondela, incorporará a Julio Carlos Alonso Monteagudo na súa lista pensando en que se ocupe da área de Cultura. Este veciño de San Esteban de Negros está diplomado en Maxisterio e é doutor en Antropoloxía pola Universidade de Santiago, ademáis de estar licenciado en Xeografía e Historia coa especialidade en Musicoloxía, entre outras cousas.

«Con esta nova incorporación damos un gran paso de cara a afrontar coas competencias necesarias a área de Cultura no Concello de Redondela, que é como realmente se merece. Alonso ten unha visión moi ampla neste campo e coñece perfectamente as ferramenteas e a xestión dos recursos culturais», recoñeceu Javier Bas.

Vencellado ata o día de hoxe ao corpo de profesores de Música e Artes Escénicas no Conservatorio Superior de Música de Vigo, Alonso Monteagudo tamén estivo moi ligado sempre a Redondela, xogando en todas as categorías do Club Deportivo Choco e no Reboreda, ademais de ser socio fundador do Cineclub e colaborar con distintos colectivos ecoloxistas. «É a persoa idónea para estar ao fronte da área de Cultura do Concello», ratificó o candidato popular de Redondela.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.