Cultura Galicia

Os Mestre Mateo conquístanse polo estómago

Unha película de emocións servidas arredor dunha mesa, unha viaxe polos sentimentos na máis universal de todas as loitas, a de ser feliz. ’18 comidas’, de Jorge Coira, era unha das favoritas e non defraudou. Foi a gran triunfadora dos Premios Mestre Mateo do audiovisual galego, xa que voltou a casa con 7 galardóns: Coira levouse tres galardóns (mellor director, montaxe e guión, compartido con Araceli Gonda e Diego Ameixeiras), mellor longametraxe,  mellor dirección de produción para María Liaño, mellor son (Carlos Mouriño, Diego Staub e Carlos García) e mellor música orixinal (Piti Sanz e Iván Laxe).

Nunha gala na que Luis Tosar recobiu o Premio de Honra Fernando Rey, a mellor interpretación masculina foi para Miguel de Lira por ‘Os Crebinsky’, mentres que María Vázquez levouse o de mellor interpretación feminina por ‘Mar Libre’. Os mellores actores de reparto estaban en ‘Retornos’, xa que foron a parar a Xosé Manuel Olveira ‘Pico’ e María Bouzas.

Mellor maquillaxe, dirección artística e de fotografía tamén para ‘Os Crebinsky’, que partía como unha das favoritas da noite, mentres que Roberto Vilar levouse o galardón ao mellor comunicador televisivo.

También te puede interesar