¡Que se curren tu voto!

Na candidatura do PP á Alcaldía de Redondela, elas dan o golpe

Son o reforzo dunha candidatura que, segundo o candidato á Alcaldía polo Partido Popular, Javier Bas, “non deixa de traballar de cara ás vindeiras eleccións municipais do 22 de maio Bas subliñou que unha das súas preocupacións é completar unha candidatura formada por persoas “competentes e comprometidas con Redondela. Por elo, hoxe presentou “as dúas primeiras mulleres da lista”Ana María Alonso Alonso e Teresa París Blanco, actual secretaria de Comunicación da Xestora. “Ambas aportan a visión de mulleres novas e con experiencia no eido laboral e no familiar” destacou o candidato quen sinalou que Alonso, experta en dirección e finanzas, “fortalece o equipo nunha área vital como é a económica e de recursos financeiros, mentres que París vincularase á area social”.

Ana María Alonso Alonso é natural de Cedeira, aínda que a día de hoxe é veciña de Cabeiro, está casada e é nai de dúas nenas. É licenciada en Ciencias Económicas e con máster en Contabilidade e Auditoría. Na súa traxectoria profesional desempeñou o cargo de xefa de Administración e Tesourería en empresas de ámbito nacional, ocupando na actualidade o posto de directora Financeira nunha importante empresa pertencente a un grupo internacional.

Teresa París Blanco é veciña de Chapela, está casada e ten dúas fillas. É diplomada en Graduado Social e conta cunha importante experiencia no eido do voluntariado social. Forma parte da directiva da Asociación Cultural de Cidadelle e é membro activo da Asociación de Celíacos de Galicia. Foi xerente do Mercado Municipal do Progreso e actualmente desempeña tarefas de administración nun bufete xurídico.

Trátase da primera presentación que fai o alcaldable do Partido Popular quen dará a coñecer publicamente nos vindeiros días a composición da lista completa coa celebración dun acto aberto a todos os redondeláns.


 

You may also like