Non, non se asusten, non é que decidira non presentarse ás municipais do 22 de maio, senón que comezou a súa plena transición cara a campaña electoral. O BNG pechou hoxe a súa web Euparticipoenvigo, na que recollía propostas e suxestións, para dar paso a unha páxina máis propia das municipais, Santidominguez. Nela, lonxe do ‘Sí, quero’ de Abel Caballero e Corina Porro, que despois a popular mandou cambiar, os nacionalistas prefiren a palabra comprometido. Contigo, con Vigo, con Galicia… co que sexa.

Unha diferenza máis entre as páxinas: mentres que os nacionalistas escollen o nome completo do seu candidato para a web electoral, Porro opta por unha alternativa mixta na que mestura o seu nome de pila con Vigo e o actual alcalde, Abel Caballero, só di vigovigovigo.

O programa o fan os vigueses

A outra web serviu ao BNG para recibir ademais de 17.000 visitas máis de 250 ideas que por en práctica para satisfacer aos cidadáns, a maioría relacionadas co mediambiente e co transporte. Ideas que os nacionalistas aproveitaron para incluir no seu programa electoral, como a implantación dun carril bici na cidade, aumentar a rede pública de bibliotecas municipais…

También te puede interesar