¡Que se curren tu voto! Comarcas

Ponteareas, sen servizo de axuda no fogar por impago

É o que denuncia o BNG municipal: segundo Xosé Represas, candidato á alcaldía, denuncia que a empresa que presta o servizo non está a percibir os honorarios correspondentes. “O descontrol na xestión do Concello, unido ao despilfarro dos cartos públicos por parte do goberno, pon en grave risco un servizo básico”, afirmou.

Atendo Calidade, a empresa que presta o servizo, xa denunciou en novembro que o Concello estaba a inclumplir o contrato, polo que despois de 8 meses sen cobrar e cunha débeda de 130.000 euros pide agora ao Concello que rescinda o contrato.

Os nacionalistas solicitarán a convocatoria urxente da Comisión Informativa de Servizos Sociais para que o alcalde, Salvador G. Solla, dea conta da situación do servizo e motivos do incumprimento do contrato do servizo no fogar.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.