Comarcas

A redondelana Avenida de Mendiño ponse a salvo

Algo que ao PP municipal lle «alegra», xa que se trata dunha vella demanda dos veciños da zona, que pediron ao Goberno local que se estableceran medidas de seguridade ante os múltiples sinistros que se viñan producindo e que puñan en perigo tanto a condutores como a viandantes. Xa o pasado mes de decembro o PP pediu que o concelleiro de Tráfico, Eduardo Reguera, comparecese para explicar a relación de medidas tomadas.

Agora xa se están a crear pasos de peóns elevados para obrigar aos vehículos a aminorar a velocidade. «Estamos convencidos de que polo menos de agora en diante vaise circular doutro xeito por esta avenida tan concorrida, xa que ademais de ser entreada para o porto e a praia, o instituto e o centro de saúde, é unha zona de locais de ocio nocturno onde é imprescindible que se controle o tráfico«, recorda Javier Bas, presidente da Xestora local e candidato á Alcaldía.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.