¡Que se curren tu voto! Vigo al minuto

O PP di que non hai acordo coa UNED e o alcalde o saca hoxe do caixón

Se onte o Partido Popular denunciaba que non había nada asinado coa UNED para abrir en Vigo unha delegación da Universidade a Distancia que atendese aos alumnos de Iberoamérica, hoxe o alcalde revelou o acordo adoptado polo consello de goberno da Universidade polo que aproba e certifica a creación do chamado ‘Centro de Internacionalización de Ensinanzas da UNED en Vigo’.

Abel Caballero explicou que o certificado foi remitido polo Reitorado da Universidade e aclara que o consello de goberno da UNED en Madrid aprobou a creación deste centro internacional, unha sede que será pioneira e exclusiva de Vigo en España.

O alcalde tamén aclarou que esta demandada dotación educativa viguesa irá emplazada no novo Auditorio Pazo de Congresos “Mar de Vigo”, onde ocupará 3.000 metros cadrados. Establécese en Vigo “unha gran universidade de educación a distancia”. O que nin aclarou é exactamente en qué espazo e como vai a pagarse ´´a concesionaria do Auditorio xa que o Concello, coma asegurou onte a concelleira popular Elvira Larriva, so dispón de 200 metros cadrados no inmoble.

Pola súa banda, Caballero denunciou a “oposición feroz” da Xunta e da Deputación de Pontevedra á UNED viguesa, tanto na aula para os cursos de acceso a maiores de 25 anos, localizada no Casco Vello como neste centro internacional, polo cal “vaino facer o Concello”.

 

También te puede interesar