¡Que se curren tu voto! Comarcas

O BNG soña co número cinco en Mondariz

Máis de 150 veciños quixeron arroupar a Xosé Carlos Montes, candidato do BNG ña alcaldía de Mondariz, na presentación dos compañeiros de batalla que o acompañarán na carreira polo goberno municipal o vindeiro 22 de maio. Unha candidatura feita pensando na experiencia e na renovación: a veteranía dos tres concelleiros que repiten (o propio Montes, Mónica Peralba e Xosé Emilio Barros) e dúas novas incorporacións, Félix Blanco, operario do sector eólico, e Silvia Montero, profesora da Univesidade de Vigo.

O rumbo, ben marcado: as prioridades dos nacionalistas no concello será levar a cabo o saneamento integral en todas as parroquias, a construción dunha gardería infantil en Vilasobroso, a creación dun parque empresarial en Meirol e a modernización tanto da biblioteca municipal coma do polideportivo. Para conseguilo, un equipo “dialogante, moderado e comprometido co futuro dos veciños”.

También te puede interesar